Quen son?

O meu nome completo é Iván Puentes Rivera, nacín en Fene (A Coruña) o 17 de abril de 1980 e son licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.
Durante case catro anos, traballei facendo un pouco de todo nas canles internacionais (Galicia TV) de Televisión de Galicia e dende o ano 2004 ata xuño de 2007 traballei como auxiliar administrativo da Deputación da Coruña.
Outra parte fundamental da miña vida é a participación política, dende os 18 anos milito no PSdeG-PSOE e nas Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG). A día de hoxe, son Alcalde de Fene, pobo do que son concelleiro dende o ano 2003 e alcalde dende o 2007. Tamén son Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Ferrolterra. Antes, fun Secretario de Organización das XSG e Adxunto á Secretaría de Organización Nacional do PSdeG-PSOE.
Fóra da política, o que máis me gusta é viaxar, a uns poucos kilómetros da casa ou moi lonxe, pero en definitiva escapar da rutina coñecendo novas persoas e lugares.
